Poio celebra o domingo unha carreira popular en favor de Haití

poio250_110310.jpgPOIO> Margarita Caldas, concelleira de deportes de Poio, presentou esta mañá a Carreira Popular por Haití que neste municipio vaise celebrar o vindeiro domingo. Ademais, levaranse a cabo varias exhibicións co obxectivo de recadar fondos para os afectados polo terremoto que sacudiu ó país caribeño o mes pasado.

Dende Poio queren seguir aporando o seu gran de area en favor dos afectados polo terremoto de Haití. E vanno facer esta fin de semana a través dunha carreira popular que terá como puntos de partida a Granxa de Campelo e o embarcadoiro de Combarro e que chegará á Seca. Os fondos serán recadados a través da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que disporá de mesas informativas onde repartirá os dorsais despois de cobrar unha simbólica cantidade para a inscrición, 3€ para os adultos e 1€ para os nenos. Os cartos serán destinados de xeito íntegro para os damnificados de Haití. 

A carreira dará comezo ás 12:00 e ó seu termino, no campo de fútbol da Seca, levarase a cabo unha exhibición por parte do Grupo de Lanzamentos de Pontevedra na que participará o dez veces campión de España da xabalina, Gustavo Dacal.

Paralelamentre, no polideportivo da Seca dende ás 10:30 da mañá, 400 nenos de Poio e Pontevedra participarán nunha exhibición de taekwondo.

Redacción Salnés