Expoferta abre as súas portas apostando pola calidade e o aforro

    fexdega100.jpgVILAGARCÍA> Os visitantes poderán atopar máis de 700 marcas consolidadas, con descontos que chegan ata o 80%. Expoferta sitúase como un referente de desenvolvemento económico.

    {flowplayer}images/salnes/EXPOFERTA.flv{/flowplayer}

    A alcaldesa, Dolores García, o vicepresidente provincial, José Juan Durán, a presidenta de Zonaberta, Rocío Louzán, e a vicepresidenta da Fundación FEXDEGA, Rosa Abuín, entre outros, inauguraron a quinta Feira de Promoción do Comercio. O seu principal rasgo é a oferta de marcas de gran calidade a prezos de saldo.

    Rocío Louzán sinalou que Expoferta é un acontecemento moi importante para os comerciantes.

    O vicepresidente da Deputación, definiu a Zonaberta como un referente para a innovación do sector comercial.

    Máis de 70 tendas acoden ó salón, ofertando unha media de 10 marcas por establecemento. Roupa de primeira marca cuns descontos que poden acadar o 70% e o 80%. Rosa Abuín e a alcaldesa destacaron que esta feira supón unha gran forma de iniciativa para promocionar a economía local.

    Expoferta vai estar aberta ata o domingo día 14, cun horario de 12 da mañá a 10 da noite. A entrada costa un euro.

    Redacción Salnés