![]()
PONTEVEDRA> Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, decidiu adaptar a web riasbaixas.org ás novas tecnoloxías, creando un portal máis moderno, visual e atractivo.
{flowplayer}images/salnes/WEB_TURISMO_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}
Turismo Rías Baixas Deputación de Pontevedra, decidiu adaptar a web riasbaixas.org ás novas tecnoloxías, creando un portal máis moderno, visual e atractivo, con contidos que fomentan a participación dos potenciais turistas. O vicepresidente provincial e presidente de Turismo Rías, Baixas, José Manuel Figueroa, sinalou que esta páxina web é fundamental para promocionalo turismo, xa que son moitas as persoas as que utilizan internet para organizar viaxes.
A través da páxina, seguirase a propoñer rutas, escapadas, festas praias, e natureza, pero tamén contarase coa opinión dos cidadáns. Así, poderase contar as experiencias da viaxe, subir fotos e vídeos.
Turismo Rías Baixas tamén aposta pola participación en redes sociais como Facebook, onde ten xa máis de 3.400 amigos, Twitter, Tuenti ou Youtube.
Redacción Salnés







