O concello de Cambados quere dar voz aos veciños no pleno

    CAMBADOS> O grupo de goberno de Cambados levará ao vindeiro pleno unha ordenanza de participación cidadá, que permita aos veciños e colectivos do municipio intervir nos plenos, tanto no punto que lles afecte, como no tempo de rogos e preguntas.

     

    Os veciños e colectivos de Cambados poderán intervir nos plenos, ou esa a lo menos é a intención do grupo de goberno actual. Unha ordenanza que se levará ao vindeiro pleno e ca que se pretende que os cidadáns de Cambados participen nas decisións da vila. 

    Outro punto de esta ordenanza inclúe os consellos parroquiais. Uns órganos nos que estarán representados os colectivos de cada parroquia, e que se reuniran a lo menos unha vez cada tres meses. 

    Unha ordenanza que intentará que os cidadáns participen na vida política da vila e así conseguir solucionar os problemas que se presenten dunha maneira mais efectiva. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/participacion_cidada_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/30/participacion_cidada_cambados.mp4{/flowplayer}