Marín acollerá o Campionato de España de Baloncesto Infantil

Pontevedra> Marín será por quinta vez sede dun Campionato de España de Baloncesto. Nesta ocasión será a categoría infantil masculina a que se dará cita entre o 10 e o 16 de xuño. Esta mañá realizouse o sorteo co que se configuraron os grupos do torneo.

O  39º Campionato de España Infantil de Baloncesto celebrarase en Marín entre o 10 e o 16 de xuño, nos pavillóns de A Raña, O Sequelo e o colexio San Narciso.

O sorteo celebrado esta mañá no colexio A Inmaculada, distribuíu ós 32 equipos participantes nos 8 grupos que conforman a fase inicial, na que se disputará unha liga de partido único cun total de 63 enfrontamentos.

Entre os equipos de todo o país que se darán cita neste torneo, haberá 3 galegos: o Estudiantes de Lugo; e o Rosalía e o Peleteiro, ámbolos dous de Santiago.

Dende a Federación Galega de Baloncesto agárdase que esta quinta vez que Marín acolle un campionato de España no sexa a última.

O Concello de Marín alégrase de ser o escenario escollido para este evento deportivo e reitera o seu compromiso coa difusión do deporte entre os máis xoves.