Cores Tourís e Pérez Arca, listos para a batalla electoral

    corestouris100_290108.jpgSALNÉS > Os representantes do Salnés nas listas do PP ó Congreso e ó Senado manifestaron hoxe a TVSB que está listos

    {flowplayer}images/salnes/candidatos.flv{/flowplayer}

    SALNÉS > Os representantes do Salnés nas listas do PP ó Congreso e ó Senado manifestaron hoxe a TVSB que está listos para defender as prioridades da comarca. José Manuel Cores Tourís vai de número 3 na lista ó Senado pola provincia de Pontevedra, mentres que Jesús Pérez Arca, ocupa o quinto lugar na candidatura do Congreso.

    Para José Manuel Cores Tourís estas serán as terceiras eleccións nas que forma parte das listas do PP ó Senado pola provincia de Pontevedra. Nos últimos oito anos ocupou un escano na Cámara Alta e sempre formando parte da Comisión de Agricultura e Pesca, ademais das de Peticións e de Comunidades Autónomas. O alcalde de Cambados asegura que cos socialistas no goberno central tivo máis dificultades, pero que aínda así acadou varios logros para o Salnés. Máis, di, que o seu veciño o socialista Domingo Tabuyo, que volve optar a un escano no Congreso.

    O candidato popular critica as políticas económicas e as novas promesas do equipo de Zapatero e confía en que o 9 de marzo a cidadanía pida un novo cambio de goberno. Cores Tourís agradece que o partido volvese a contar con el e espera poder seguir no Senado, xunto con Corina Porro e Dolores Pan.

    CANDIDATO Ó CONGRESO

    Acompañado do seu mentor Tomás Fole e entregado, así se podería definir a Xesús Pérez Arca, concelleiro do PP de Vilagarcía, e elixido recentemente candidato no posto número cinco como deputado ó Congreso. Afirma ser toda unha honra ter a posibilidade de representar á súa comarca no Congreso. Márcase así como obxectivos loitar para tentar paliar as deficiencias do Salnés.

    A nova de ser candidato a deputado nacional representa para Pérez Arca toda unha responsabilidade que segundo el tentará defender con tódalas ferramentas que posúa ó seu alcance. O PP opta a catro escanos pola provincia de Pontevedra, nembargantes baixo o seu criterio un partido como o PP ten que aspirar a máis. Investir en Políticas sociais é no que máis insiste o candidato popular, e a pesares de que agora están na oposición, aínda que non se fagan con esa quinta praza seguirán loitando polo que os populares consideran unha política de futuro.

    Redacción Salnés