CAMBADOS> Cambados estará os días 28 e 29 deste mes máis á beira do mar que nunca. O barrio de Santo Tomé acollerá a Festa Mariñeira, un encontro co que se busca recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira na vila. Haberá varias rutas, a proxeccion dun documental, citas gastronómicas, música e un encontro de embarcacións tradicionais. A festa servirá tamén para recadar fondos a prol da rehabilitación da emblemática embarcación cambadesa Airexa.
A actividade cultural en Cambados verase reforzada cunha Festa Mariñeira. Terá lugar os días 28 e 29 no barrio de Santo Tomé. Busca recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira na vila.
A Festa está organiza polo Concello de Cambados e o colectivo Vela Tradicional Cambados. O seu programa inclúe unha ruta de marisqueo con Guimatur e outra centrado no patrimonio etnográfico. Tamén varias actuacións musicais, a proxección dun documental, unha degustación de ostras e un xantar mariñeiro. O cartel complétase cunha varada de dornas e unha vistosa concentración de embarcacións tradicionais.
Varias das propostas requiren de inscrición previa. Moitas son de balde, pero outras teñen un pequeno prezo. Eses fondos que van recadar quérenos destinar á restauración da Airexa, unha embarcación tradicional emblemática en Cambados.
Calculan que a súa rehabilitación pode supoñer un desembolso de arredor dos 30.000 euros, dos que unha parte proceden de axudas da Deputación e o Concello. O resto quéreno xuntar a través de iniciativas como a que se promove dentro desta Festa Mariñeira.











