O Momo busca ser Festa de Interese Turístico Galego

    VILANOVA> O Concello de Vilanova, en coordinación cos colectivos sociais e culturais que organizan cada ano a festa do Momo, están a realizar os…

    {flowplayer}images/salnes/momo_interese.flv{/flowplayer}

    …trámites para intentar conseguir que esta celebración sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego. De conquerir esta clasificación, esta xoldra que pon o punto e final ó Entroido vilanovés cada domingo de piñata obtería unha maior financiamento para darlle aínda máis pulo e facela aínda máis coñecida no mundo enteiro.

    Desde a Concellería de Turismo aseguran que ten moitas posibilidades de acadar esta consideración porto que cumpre varios dos requisitos esixibles: como a de ter máis dunha década de antigüidade; ser un festexo singular, orixinal e arraigado un ámbito territorial que participe nel.

    Neste contexto, o antedito departamento vilanovés podería promover a Festa do Momo na vindeira edición de Fitur 2012, a primeiros do ano que ven en Madrid.

    Redacción Salnés