CAMBADOS> O BNG lembra unha antiga petición dos cidadáns, aínda sen solucionar. Trátase do Centro de Saúde, solicitan máis médicos …
{flowplayer}images/salnes/BNG_cambados260310.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> O BNG de Cambados lembra unha antiga petición dos cidadáns, aínda sen solucionar. Trátase do Centro de Saúde, solicitan máis médicos e que se substitúa aos que estean de baixa. Doce médicos, tres deles, pediatras, traballan no centro de saúde de cambados.
Lembran os nacionalistas que xa hai anos que se vén solicitando máis persoal e dende Sanidade prometeran, durante o goberno bipartito, cubrir cun médico as necesidades de non mais de mil duascentas tarxetas sanitarias.
Dende a Xunta, xustifícano coa crise e amais, segundo Caamaño, non cobren aos médicos de baixa. O BNG asegura que o PP da Xunta non aposta pola Sanidade Pública, senón pola privatización. O BNG de Cambados presentará o asunto no Parlamento de Galicia, a través dunha iniciativa do deputado Bieito Lobeira.
Redacción Salnés