CAMBADOS> En Cambados arrancou unha campaña da volandeira que cualifican de ‘ilusionante’. Nestas primeiras xornadas as capturas foron boas, cunha descarga de case 6.000 quilos no primeiro día. Os prezos tamén acompañaron, acadando os 11,90 euros, na liña do ano anterior. Na confraría falan dun produto de boa calidade e dun tamaño bo, semellante ao do ano pasado ou incluso máis grande. A campaña do bou de vara prolongarase ata marzo, cunhas altas expectativas para o Nadal.
A campaña da volandeira xa está en marcha. Na primeira xornada as capturas foron boas, cunha descarga de case 6.000 quilos.
Os prezos tamén son bos, manténdose en sintonía cos da campaña anterior, acandando no inicio da campaña os 11,90 euros.
Na confraría falan dunha volandeira de calidade e bo tamaño.
A campaña do bou de vara prolongarase ata o mes de marzo, con especial intensidade no Nadal. A partir da semana que vén compatibilizarase coa campaña do centolo e, despois, a da vieira. Nesta última especia, as expectativas non son tan boas, con escaseza de recurso nas zonas de traballo.











