En seis meses o albergue de Cruz Vermella acolleu 212 persoas

    ALBERGUE_CRUZ_VERMELLAcopy.jpgVILAGARCÍA> En canto ó perfil, a maioría son homes e de nacionalidade española. Do total, só 11 mulleres acudiron a estas instalacións.

    {flowplayer}images/salnes/MEMORIA_CRUZ_VERMELLA.flv{/flowplayer}

    Desde a apertura do novo albergue de transeúntes de Cruz Vermella no mes de xuño en Vilagarcía, pasaron por estas instalacións duascentas doce persoas que en moitos casos repetiron en varias ocasións. Un balance despois de seis en funcionamento que veñen a dar conta, tal e coma explicaba a edil de benestar social dunha necesidade que existía na localidade e coa que se ampliou a rede de recursos sociais cos que conta o concello.

    En canto ó perfil a maioría dos usuarios son homes e de nacionalidade española e soen ser persoas que xa levan vivindo na rúa varios anos. Pero neste albergue non só teñen a oportunidade de ter un teito senón asesoramento e orientación laboral que lles permita integrarse na sociedade.

    Os usuarios deste albergue só poden facer uso das súas instalacións durante tres días cada dúas semanas pero, tal e como recoñeceron, en moitas ocasións se fixeron excepcións. E non podería ser posible se non contasen coa colaboración de Cáritas e o convenio asinado entre concello e cruz vermella.

    O albergue conta cun total de dez habitacións, nove para homes e unha para mulleres, e dous cuartos de baño.

    Redacción Salnés