A Pobra acollerá unha Feira sobre Medio Ambiente

POBRA> A Pobra acolle esta fin de semana a segunda edición da Feira do Medio Ambiente. Habilitaranse sete das casetas dos xardíns Valle Inclán para dar a coñecer a actividade de diversas asociacións ecoloxistas. Unha charla a cargo dos representantes da comunidade de Montes de Froxán en Lousame abrirá o venres a programación desta feira. O sábado e domingo, as casetas dos xardíns Valle-Inclán acollerán as iniciativas de diversas asociacións medioambientais. Os voluntarios de Protección CVivil explicarán a súa campaña para eliminar a vespa velutina mentres que as protectoras Moura e Arca de Noia amosarán parte da súa actividade. O obxectivo deste feira é sensibilizar á poboación sobre a importancia de coidar e respectar o noso entorno. O horario da apertura das casetas serán de once a dúas pola mañá e de cinco a nove pola tarde.