Importadores suecos comercializarán no seu país cinco albariños

    importadores_suecos100.jpgPONTEVEDRA> Cinco viños de tres adegas da D.O. Rías Baixas foron preseleccionados por tres importadores suecos

    {flowplayer}images/salnes/importadores_suecos.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Cinco viños de tres adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas foron preseleccionados por tres importadores suecos durante unha cata celebrada no Pazo de Mugartegui, en Pontevedra.

    A visita realizouse no marco dunha misión inversa destinada a seleccionar marcas para a súa comercialización no mercado do país nórdico, a través do canal Horeca. Os importadores cataron ata 25 marcas de albariños Rías Baixas que teñan parte da súa produción destinada á exportación pero que inda non dispuxeran de distribuidor en Suecia.

    A responsable de Marketing do Consello Regulador asegura que o mercado sueco é de grande interese para a Denominación de Orixe Rías Baixas posto que ocupa o oitavo lugar no seu volume de exportación. O Consello confía en que estes contactos fructifiquen en novas relacións comerciais para as súas adegas.

    Estes encontros foron posibles grazas á mediación do Servizo de Información Europea da Confederación de Empresarios de Galicia. A través da rede europea Enterprise Europe Network este departamento mantén relación con case 600 centros en toda Europa, amais de en países como Chile, Exipto ou Israel. O servizo permite por en contacto a distintas empresas, brindándolles a posibilidade de abrirse a estes mercados.

    Redacción Salnés