![]()
SALNÉS> CIG e CCOO buscan a máxima indemnización. CXT négase a aceptar o ERE extintivo e reclama que se reanude a actividade.
{flowplayer}images/salnes/ALFAGEME04.flv{/flowplayer}
45 días por ano traballado cun máximo de 42 mensualidades, é a indemnización pola que pelexarán CIG e CCOO nas reunións cos administradores de Alfageme para o acordo das condicións do ERE extintivo. Esta cantidade sería a máxima recollida por lei, aínda que recoñecen, é negociable.
Onte se celebrou a segunda xuntanza, na que ó non existir unha proposta de continuidade dos actuais propietarios, a familia Lago, a liquidación segue como a única saída. O mantemento dos postos de traballo tamén é outro aspecto a negociar, un proceso no que CIG e CCOO están a amosar posturas achegadas e parecen contar co apoio de Xunta e Igape.
Pola súa banda, a CXT se está a desmarcar das outras dúas centrais. O sindicato opta por prolongar un mes o actual ERE suspensivo, xa que asegura que se están a realizar xestións que permitirían manter a actividade nas fábricas de Ribadumia e Vilaxoán.
As centrais sindicais manterán reunións cos traballadores ós que representan para seguir acordando os termos das negociacións. En canto á xuntanza cos administradores, a seguinte está convocada para o vindeiro martes pola mañá.
Redacción Salnés








