Portos mellora o entorno da lonxa de Tragove

CAMBADOS> A construción da nova piscina en Fontecarmoa non é o único investimento que Ravella plantexa no eido das instalacións deportivas. Esta mañá, o alcalde vilagarcián explicou que hai moitos equipamentos que precisan de actuacións de mantemento. Aínda están pendentes de determinar cales serían exactamente estas actuacións, pero Alberto Varela asegurou que se financiarían con cargo aos fondos Feder e ao Plan Concellos da Deputación 2018-2019.

O concello de Vilagarcía está a elaborar un listado de actuacións necesarias nas instalacións deportivas da vila. Segundo explicou o alcalde, estas intervencións garantirían o correcto funcionamento dos servizos que ofrecen.

A substitución da cuberta da grada de preferente da Lomba rondará os 170 mil euros de investimento, e ata 200.000 destinaranse a renovar o céspede do campo municipal de Vilaxoán. De maior contía será a partida que se destinará á corrección dos problemas do pavillón número 1 de Fontecarmoa, que podería superar os 500 mil euros.

Pero o investimento de maior contía será o que se destine á ampliación do complexo de Fontecarmoa coa construción dunha nova piscina municipal. Decisión que xa foi fonte de polémica dende algúns partidos da oposición. Segundo explicou Varela, todas estas intervencións se financiarán con cargo aos Fondos Feder a o Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra.