Falece un home nun aparatoso accidente en Vilagarcía

    accidentevilagarcia copia100.jpgVILAGARCÍA> Ó redor das sete e dez desta mañá, o home de 29 anos perdía o control do seu automóbil e se saía do vial. Segundo fontes policiais, faleceu no acto.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Ó redor das sete e dez desta mañá, unha saída de vía en Vilagarcía saldábase cunha vítima mortal. O condutor do único vehículo implicado no accidente, un home de 29 anos natural do lugar de O Cruceiro, falecía tras perder o control do seu turismo marca Audi mentres circulaba pola PO- 549, á altura do pazo de O Rial. Despois dunha curva, o vehículo saíu da calzada, bateu contra un sinal de tráfico e despois contra unha farola. Debido ó impacto saíu despedido varios metros, ata emborcar no medio da calzada. As primeiras hipóteses sinalan o exceso de velocidade como a causa da perda de control do vehículo.

    O home faleceu ó instante, e ata o lugar dos feitos unicamente se desprazaron efectivos da Garda Civil de tráfico e a funeraria, que trasladou o cadáver da vítima ó Hospital Provincial de Pontevedra.

    Redacción Salnés