As traballadoras de Alfageme piden máis implicación da Xunta

    alfageme_vilaxoan_ribadumia_copia100.jpgO SALNÉS> As traballadoras de Alfageme das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia, concentráronse esta mañá ás portas do Concello de Salomé Peña. A próxima semana o persoal das tres fábricas unificarán as medidas de protesta.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    Decenas de empregadas das conserveiras de Ribadumia e Vilaxoán, despregaron varias pancartas ás portas do Concello de Salomé Peña. Con gritos de Xunta escoita Alfageme está en loita e Lago ladrón devolve a subvención, o persoal manifestaba o seu enfado por como se está a desenvolvela situación. O comité de empresa das dúas fábricas reuniuse coa alcaldesa para trasladarlle unha petición de apoio e denunciar a falta de información sobre o concurso de acredores.

    Salomé Peña comprometeuse a ser un dos intermediarios coa Consellería de Industria para buscar unha solución factible a esta agónica situación.

     O persoal de Alfageme volveu reivindicar ó goberno autonómico unha maior implicación para que se proceda á venda do grupo. Denuncian unha pasividade das institucións.

    Tamén solicitan que os cartos que están a entrar no grupo se depositen no xulgado, xa que denuncian, os Lago intentan derivalos a Promalar. Do mesmo xeito, Rosa Abuín afirmou que o conflito estase alargando porque son traballadoras e que non pasaría o mesmo se fosen homes.

     Redacción Salnés