A Xunta investirá preto de 400 mil euros para eliminar as verteduras ao río Ulla

PONTECESURES> A Xunta de Galicia investirá preto de 400 mil euros para eliminar o 90% das verteduras ao río Ulla. Para iso, a consellería de infraestruturas realizará dúas grandes actuacións na zona de Carreiras e no río Chancelas. Do 10% restantes das verteduras encargaríase o concello con fondos municipais.

A Xunta de Galicia actuará en Pontecesures para eliminar as verteduras ao Río Ulla. Dende a consellería de infraestruturas, despois de recibir o estudo realizado por Augas de Galicia na zona para detectar a orixe destes residuos, elaboraron un plan de actuación que se dividirá en dúas fase e permitirá eliminar o 90% destas verteduras. A primeira fase actuará na zona de Carreiras.

A segunda fase desenvolverase no río Chancelas.

A Xunta investirá para ambos proxectos preto de 400 mil euros. O 10 por cento das verteduras restantes resolveranse cos fondos municipais. Para o concello esta obra é moi importante pola influencia do río na vila.

A conselleira tamén destacou que este proxecto terá un gran beneficio na ría de Arousa, xa que estas verteduras acaban afectando na desembocadura do Ulla. A contratación do proxecto de Carreiras xa está en marcha coa previsión de comezar as obras o vindeiro ano. A segunda fase licitarase no 2024.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí