![]()
O SALNÉS> Denuncian unha falta de interese das administracións e de información sobre o concurso de acredores. Rosa Abuín sinalou que se vai presentar a semana que ven unha querella contra a familia Lago para que se dea conta dos avales que recibiu.
{flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}
As traballadoras de Alfageme volven á carga despois de varias semanas denunciando un desinterese por parte da Xunta e dos xulgados. Esta vez, acoden o mércores ás 10.30 a Santiago para protestar ante a Consellería de Industria. Afirman que están notando unha falta seriedade e de implicación do conselleiro no conflito, así como unha grande desinformación co que vai suceder no concurso de acredores.
Rosa Abuín denunciou que a policía está a cargar contra as traballadoras e os membros do sindicato. Sinalou que van presentar a semana que ven unha querella contra a familia Lago para que se dea conta dos avales que recibiu así como abrir unha investigación contra a empresa Promalar.
Tamén vaise presentar unha demanda de cantidade para que as traballadoras cobren o que se lles adebeda.
O persoal de Alfageme culpa á Xunta, e directamente a Javier Guerra, de que 400 traballadores engrosen as filas do paro.
Están á espera de que o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, as cite para trasladarlle as súas inquedanzas e que actúe de mediador co goberno de Núñez Feijóo.
Redacción Salnés








