O comercio de Poio impulsa un plan para saír da crise

    comerciantes_poio100.jpgPOIO> A Asociación de Comerciantes e Empresarios porá en marcha un plan director para o desenvolvemento socio económico e empresarial do concello.

    {flowplayer}images/salnes/comerciantes_poio.flv{/flowplayer}

    POIO> A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Poio porá en marcha un plan director para o desenvolvemento socio económico e empresarial do concello. Será elaborado pola consultora Estratexia+, que se encargará de facer un diagnóstico dos diferentes sectores, a través de enquisas a empresas e entrevistas a entidades relevantes e coa creación de mesas sectoriais. A idea é analizar por que se chegou á crise actual e como saír dela.

    No plan estableceranse mesas sectoriais de mar, forestal e turismo. O comercio local quere que nel participen tódolos axentes sociais e económicos do concello, públicos e privados. Pretenden que sexa un documento guía para fixar as pautas dun desenvolvemento económico sostible para os vindeiros dez anos.

    Segundo os últimos datos do directorio de empresas, en 2008 en Poio había traballando 1.175 empresas, a maior parte dedicada ó comercio polo miúdo, construción especializada e servizos de comidas e bebidas. Tendo en conta a realidade do municipio, neste plan considérase prioritario potenciar os sectores servizos, forestal e mar.

    Redacción Salnés