A POBRA> Primeiro día de actividade na escola infantil da Tomada que esta mañá abría as súas portas. Os pequenos iniciaron o período de adaptación con tódalas medidas de seguridade para evitar contaxios.
Os cativos de cero a tres anos foron os primeiros en volver ás aulas. Neste primeiro de setembro abrían as súas portas moitas escolas infantís, como a da Tomada na Pobra, que iniciou o curso cun total de once matrículas, moi por debaixo das previsións iniciais.
As responsables do centro amósanse optimistas ante un curso excepcional no que as circunstancias sanitarias obrigan a manter un estrito protocolo de seguridade.
Neste inicio de curso, as familias están algo preocupadas ante a incerta situación sanitaria. Dende a escola fan un chamamento á tranquilidade posto que se están a tomar tódalas precaucións para garantir a seguridade dos pequenos.