O concello de Ribeira repartirá envases para levar entre os hostaleiros do municipio

RIBEIRA> O concello de Ribeira repartirá dous mil envases de comida para leva entre os hostaleiros do municipio. Os interesados, sexan ou non socios da patronal local, poden solicitalos na sede da asociación empresarial a partir do martes.

Nestes momentos tan complicados para a hostalería, o concello de Ribeira segue a lanzar accións promocionais en apoio do sector. A última é a campaña ‘Lévame Contigo, Cociña de Ribeira’ na que repartirán dos mil envases de comida para levar entre os locais de ocio e restauración do municipio.

Os locais interesados en solicitalos poden facelo a partir do martes no local da asociación de empresarios. Non vai dirixido unicamente a asociados senón que tamén poden solcitialo aqueles bares e restaurante que non estean adheridos á asociación. O custo dos envase é asumido integramente polo concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí