A veciñanza do Salnés preocupada pola nova campaña da gripe

SALNÉS> Ante esta nova campaña de prevención contra a gripe, a veciñanza do Salnés xa se está a preparar para aludir contraer o virus. Numerosos usuarios achegábanse hoxe aos centros de saúde para pedir cita para vacinarse. Os salnesáns sinalan a importancia desta vacina para evitar problemas de saúde.

O vindeiro luns arranca unha nova campaña de vacinas contra a gripe. A tempada de vacinacións alargarase ata o 27 de decembro pero con posibilidades de aumentarse se a poboación o necesita. Polo de agora os primeiros veciños da comarca achegáronse aos centros médicos para pedir cita para vacinarse.

A veciñanza dos Salnés tamén ve con bos ollos que a Xunta decidise investir nesta nova campaña 1,2 millóns de euros máis.

Sanidade tamén alerta sobre os problemas que pode causar o movemento antivacinas. Para os salnesáns é moi importante vacinarse para poder evitar enfermidades.

Tanto os centros de saúde como os hospitais son os puntos sinalados para poder vacinarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí