A remodelación do Polígono da Ran, en Cuntis, busca asentar novas empresas no concello

CUNTIS> En Custis, xa están en marcha as obras de remodelación do Polígono da Ran. Vanse renova-los viais, construír novas beirarrúas e instalar novo alumeado e mobiliario urbano. A actuación supera o medio millón de euros e busca revita-la zona para o asentamento de novas empresas.

Coa intención de que o polígono da Ran, en Cuntis, sexa un referente para a provincia de Pontevedra, arrancan as obras para a remodelación deste espazo. A actuación céntrase mellora dos viarios, na construción de novas beirarrúas e sendas e na renovación do alumeado público. En total, máis de 550.000 euros, procedentes do Plan DepoRense e Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Para a presidenta provincial, é unha obriga das administracións poñer a disposición das empresas solo industrial para que se permanezan na provincia e se poida xerar emprego de calidade.

O alcalde de Cuntis, pola súa banda, lamentou a falta de investimentos da Xunta de Galicia neste proxecto, malia ser unha competencia autonómica.

Dende o ano 2015, a Deputación de Pontevedra leve investidos en Cuntis máis de 4 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí