Monteporreiro acolle o domigo a segunda edición do Gran Premio UNED

PONTEVEDRA> A Carreira Pedestre a Monteporreiro celebrarase o día 13 de abril, con saída no Mirador. Esta mañá ían por 258 as inscricións e agárdase superar ou igualar os 310 participantes do ano pasado. Haberá de novo probas para pequenos e adultos, así como clasificacións individuais, por parellas e grupos. Mañá á media noite remata o prazo para anotarse na segunda edición da Carreira Pedestre a Monte Porreiro. Esta mañá as inscricións sumaban 258 participantes, e tendo en conta que o groso de corredores agardan ó último momento apra anotarse, os organizadores esperan superar as cifras de asistencia do ano pasado. Este ano a competición mantén as características do percorrido e categorías. Para os máis pequenos habilitaranse treitos de entre 150 metros para os chupetes, ata 2.500 os xuvenís. A súa saída será o domingo ás once e dez da mañá do Mirador. A carreira de adultos comezará ás doce e constará de dúas voltas ó circuíto para completar oito quilómetros. A proba forma parte do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, unha iniciativa que cada vez vai callando máis e sumando máis inscritos. A día de hoxe xa van anotados un 25 por cento máis que a pasada edición a estas alturas, 203, con destacada presenza de atletas femininas. No caso da proba de Monteporreiro, este ano como novidade habilitaranse os servizos de gardarroupa na sede da UNED e duchas no colexio Marcos da Portela. A entrega de dorsais realizarase entre o venres pola tarde e o sábado nas instalacións da UNED. Ó final da competición, a asociación de Veciños ofrecerá chocolate e rosca a tódolos asistentes. Inscricións en www.championchipnorte.com {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/pedestremonteporreiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/07/CARREIRA_PEDESTRE_MONTEPORREIRO.mp4 {/flowplayer}