A defensa suxeriu que foi a nai da vítima quen o apuñalou ó protexelo

    playstation_copia100.jpgPONTEVEDRA> A muller declarou que non é ningunha asasina e que colleu o coitelo porque creu que ía a apuñalalo de novo.

    {flowplayer}images/salnes/NOVIDADES_XUIZO_PLAYSTATION.flv{/flowplayer}

    A segunda sesión do xuízo centrouse en torno ás testemuñas presenciais. O avogado da defensa continuou a estratexia de exculpar a Juan Ramón amparándose nas declaracións da irmá e da noiva da vítima, Marcos Muñiz. Ambas xoves coincidiron en afirmar que, tras uns empurróns, a vítima caeu no chan e o acusado se puxo de xeonllo sobre el, pero non lle viron ningún coitelo.

     Engadiron que, cando viron a arma por primeira vez despois de cravarse no peito da vítima, era a súa nai quen a empuñaba. Hortensia asegurou que ela si veu como o acusado apuñalou ó seu fillo cando estaba sobre el e mentres intentaban separalos sen éxito. Declarou que cría que Juan Ramón ía apuñalar a Marcos unha vez máis e que colleu o coitelo, pero só durante uns segundos, porque inmediantamente a irmá do acusado o colleu e o levou.

    A irmá do falecido destacou entre bágoas, o desproporcionado deste suceso só por unha Playstation. Esta testemuña chocou coa frialdade demostrada pola irmá do acusado que, tras o suceso, levou ó seu irmán á autoescola, pero antes pasou por casa para lavala roupa ensanguentada. As dous mulleres, ó igual que a noiva da vítima, que cando sucederon os feitos estaba embarazada, coincidiron en sinalar que Juan Ramón se atopaba en condicións normais e non presentaba síntomas de estar baixo a influencia do alcol ou de drogas.

    A terceira sesión do xuízo, que terá lugar mañá, se reserva para a testemuña dos peritos.

    Redacción Salnés