O comercio local recorre ao Black Friday para reactivar as vendas

VILAGARCÍA> O comercio local afronta con necesidades o Black Friday. Os pequenos negocios ven nesta data unha oportunidade de activar as vendas. Nalgúns establecementos, os descontos estarán dispoñibles ao longo de toda a fin de semana.

O Black Fraidei afiánzase na nosa comunidade. A campaña de vendas estadounidense chegou ao noso país a través de internet, pero na actualidade, case todos os pequenos negocios súmanse a estas inciativa e rebaixan os seus produtos o último venres de novembro. Este ano, e dada a situación actual, o Black Friday preséntase como unha gran oportunidade para os pequenos comercios.

Os descontos dependen de cada establecemento, chegando incluso nalgúns á metade de prezo.

Os pequenos comercios súmanse a esta campaña para facer fronte aos descontos da internet. Dende Zona Aberta sinalan todas as vantaxes que supoñen para os clientes mercar no comercio local.

Moito negocios comezaron xa as rebaixas este luns e ampliarán as ofertas ao longo de toda a fin de semana. Os comerciantes lembras que os seus comercios son seguros e agardan que os clientes se animen e acadar así unhas cifras importantes de vendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí