A cidadanía oponse ó peche de camas estival no Hospital do Salnés

     VILAGARCIA> A previsión de peche de camas para este verán no Hospital do Salnés non está a gustarlle nada á cidadanía da Rías Baixas…

    {flowplayer}images/salnes/hospital_salnes_220513.flv{/flowplayer}

    … que cre que os recortes non deberán afectar á atención sanitaria nesta comarca, xa de por si saturada. A Consellería de Sanidade anuncia o peche dunhas 932 camas, o que implica o 13 % das dispoñibles no sistema sanitario galego. Na área provincial de Pontevedra, na que está incluída o Hospital do Salnés, pecharanse unhas 133 camas. Ante estas cifras oficiais do 17% están as previsións dos sindicatos. A CIG adianta que a reducción ascenderá ata 30 % e que o peche se prolongará ata o mes de outubro, e non só nos meses de xullo a setembro como afirma o goberno galego.

    Respecto ó resultado da integración do Hospital do Salnés na Área Sanitaria de Pontevedra, a maioría dos usuarios aseguran que non constataron unha merma na atención neste centro hospitalario. Con todo, denuncian que si hai moitos atrancos desde os Puntos de Atención Continuada para seren derivados a outros especialistas. Aseguran que é nos PAC´s onde se fai a criba para reducir as listas de espera.

    Redacción Salnés