Os veciños da Mercé demandan a mellora dos accesos á praia

    vecinosaccesopraias_280410.jpgPOBRA> Os veciños dos núcleos da Ribeiriña, A Mercé e A Angustia denuncian o estado de abandono en que se atopan os accesos ás praias.

    {flowplayer}barbanza/vecinosaccesospraias.flv{/flowplayer}

    A pesar de tratarse dun dos enclaves naturais máis fermosos de todo o concello da Pobra, o acceso ás calas da Mercé está restrinxido a só uns poucos privilexiados. O mal estado en que se atopan as dúas baixadas á praia fai practicamente intransitable o acceso, privando ós veciños da zona do desfrute dos seus areais.

    Discriminados

    Os prexudicados non entenden o abandono destes camiños, que no seu día constituíron unha importante vía de comunicación, formando parte do Camiño Real. Séntense discriminados con respecto a outras zonas de praia, como Cabío, perfectamente acondicionada para a chegada dos turistas cando os propios veciños, que pagan os seus impostos, non poden gozar dos areais que teñen ó pe da casa.

    Demandan ademais unha maior limpeza e control sobre as praias xa que nos últimos días observaron unha serie de pedras depositadas no areal procedentes dos peches dalgunhas fincas próximas.

    Moción

    Destas reivindicacións fíxose eco a agrupación socialista da Pobra que levará a pleno unha moción solicitando os arranxos demandados polos veciños. Na súa solicitude esixen tamén que se volvan unir os dous treitos que no seu días conformaban o Camiño Real.

    Redacción Barbanza