Un simulacro dos plans de Protección, Emerxencia e Contaminación

    simulacro_copia100.jpgVILAGARCÍA> A Autoridade Portuaria realizou, esta mañá, un simulacro comprobar a coordinación entre o Porto, a policía, os bombeiros e os servizos sanitarios en caso de emerxencia.

    {flowplayer}images/salnes/SIMULACRO_PORTO.flv{/flowplayer}

    Mediante a celebración deste simulacro, preténdese verificar o bo funcionamento dos mecanismos de coordinación entre as distintas institucións participantes, tanto as forzas de seguridade do estado, bombeiros e protección civil, así como os remolcadores e FINSA-FORESA.

    Todos os movementos estiveron controlados dende o edificio de control da Autoridade Portuaria. Tres exercicios ben diferenciados baseados na Protección, Emerxencia Interior e Continxencias contra a Contaminación Mariña Accidental.

    Segundo o presidente da Autoridade Portuaria vilagarciá, o obxectivo do simulacro é mellorar a capacidade de resposta dos equipos de seguridade ante situacións de emerxencia.

    De momento non está previsto realizar ningún outro simulacro durante o ano, aínda que Javier Puertas non descarta, se as circunstancias o prantexan, realizar novos exercicios.

    Puertas destacou que de pouco serve ter medios suficientes e un persoal adestrado, se ante unha emerxencia non funcionan os engranaxes que o fan funcionar.

    Redacción Salnés