Rianxo esixe medidas contundentes contra os furtivos

    comisosmariscorianxo100.jpgRIANXO> Un novo episodio de furtivismo volve evidenciar os danos que esta práctica, cada vez máis frecuente, está a ocasionar á confraría.

    {flowplayer}barbanza/comisosmariscorianxo.flv{/flowplayer}

    Na confraría de Rianxo xa non saben que medidas tomar para combater o furtivismo. Os cinco vixilantes con que contan, apoiados polos axentes da policía local, non son suficientes para controlar tódalas concesións.

    Na noite do luns procedeuse á identificación de oito persoas que recolleron de xeito ilegal preto de setenta quilos de bivalvo. E isto tan só nunha horas xa que, segundo denuncia o patrón maior, a presenza de furtivos nas praias é constante.

    O peor non é so a extracción de marisco senón que levan consigo case toda a cría esquilmando os bancos e hipotecando futuras campañas. 

    Rede organizada

    Baltasar Rodríguez denuncia que os furtivos actúan de xeito moi organizado polo que é precisa a colaboración da Garda Civil que teñen previsto solicitar ó delegado do goberno en Galicia.

    E é que ata o de agora, ás persoas identificadas tan só se lles aplica unha sanción administrativa polo que a súa acción queda practicamente impune.

    Redacción Barbanza