![]()
VILAGARCÍA> O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía visitou a sede da agrupación de voluntarios de Protección Civil no Peirao Comercial. Puertas coñeceu de primeira man as instalacións e os medios materiais.
{flowplayer}images/salnes/PROTECCION_CIVIL.flv{/flowplayer}
A visita serviu para que o presidente, acompañado de varios directivos portuarios, coñecese as dependencias e os medios materias cos que conta a agrupación, así como os vehículo que utiliza para a súa labor, a ambulancia e a embarcación pneumática. Javier Puertas sinalou que a decisión que no seu día tomou a Autoridade Portuaria de subirse ó barco de Protección Civil foi un gran acerto.
O presidente de Protección Civil agradeceu o apoio da Autoridade Portuaria e manifestou o orgullo da entidade por formar parte do plan de emerxencias do porto.
Puertas anunciou que se ampliarán as dependencias da agrupación voluntaria, cando o Posto de Inspección Fronteiriza entre en funcionamento no novo edificio do PIF. Calcúlase que poderá ocorrer no prazo de dous o tres meses.
O presidente da Autoridade Portuaria tamén manifestou o seu apoio e participación na nova ambulancia de Protección Civil.
Javier Puertas aproveitou a visita para agradecer a colaboración no Open de Snipe e o simulacro de seguridade.
Redacción Salnés







