A Illa avalía os estragos que deixou o lóstrego na zona de Sucavirto

A ILLA> Na Illa de Arousa avalían os danos que deixou na zona de Sucavirto un raio. A peor parte levouna unha vivenda que, literalmente, foi atravesada polo lóstrego. Nese momento no seu interior había dúas persoas que, de milagre, resultaron ilesas. O raio deixou desfeitas no alumeado público e mesmo levantou partes do formigón da rúa. O alcalde di que polo de agora é difícil facer unhas estimación de canto custará recuperar a normalidade na zona.

Tres días despois do raio, A Illa segue facendo balance dos danos que deixou. Os feitos tiveron lugar na zona da rúa Sucavirto. Alí hoxe aínda eran visibles os estragos. En toda esa zona non hai alumeado público.

Os técnicos xa andan a arranxar os danos, na procura tamén de contabilizar o número de farois que quedaron inservibles. Tamén se viron afectados tres bombeos que, directamente, quedaron queimados.

O raio tamén deixou a súa pegada na propia rúa.

O lóstrego tamén deixou un gran susto nesta vivenda. O raio atravesou a casa xusto cando no seu interior había dúas persoas. De milagre, resultaron ilesas.

O alcalde fala dun episodio inédito, pero cun antecedente recente. Hai tan só 15 días caía outro raio na Illa.

TT

Polo de agora, explica Arosa é imposible calcular o valor dos danos que deixa este episodio, á espera de ir pouco a pouco restablecendo os servizos e recuperando a normalidade.