As NNXX do PP manifestan o seu apoio a Tomás Fole

    xuventude_pp_100.jpgVILAGARCIA> O Actual presidente do Partido Popular de Vilagarcía, Tomás Fole, reuniuse esta tarde ca xente moza do PP no marco da campaña política…

    {flowplayer}images/salnes/07052010_fole_ca_xuventude.flv{/flowplayer}

    … que está a desenvolver de cara ós vindeiros comicios internos deste partido. Neste acto o voceiro popular quixo agradecer o apoio das novas xeracións do pp vilagarcián ó longo dos últimos 8 anos.Entre outras cousas, fíxoos partícipes do incremento de votos rexistrado ás candidaturas populares neste Concello nas eleccións que se foron sucedendo neste período.

    E como en toda campaña que se prece, non faltaron as promesas: como o compromiso de incluír tralos comicios a un destes rapaces no comité de dirección do partido; e máis tarde, nos comicios municipais, incluír a un membro de Novas Xeracións nos postos de saída da candidatura ca que se presente o PP.

    Desde Novas Xeracións recibirono entre berros de presidente, presidente, e cunha declaración de apoio en toda regra, que o popular recibiu emocionado. Os actos desta campaña electoral continúan mañá.

    Pola tarde, ás oito, será a quenda de Tomás Fole no Hotel Villa Aurora. O seu contrincante, Javier Puertas, realizará ás 12.30 da mañá, un primeiro balance de traballo na oficina electoral da súa candidatura, sita na rúa Fariña Ferreño.

    Redacción Salnés