VILAGARCIA> A Cig denuncia o despido dunha traballadora da cafetería do hospital do Salnés e as condicións laborais do resto de empregados do local. A traballadora foi despedida por fala de produtividade aos meses de incorporarse tras superar un cancro. A Cig emprenderá accións legais e nas rúas para loitar polos dereitos da traballadora.
A Cig comezará a mobilizarse para denunciar o despido dunha traballadora do servizo de catering do hospital do Salnés. A emprega, que estivo de baixa 8 meses por enfermidade, regresou o seu traballo e atopou unhas condicións completamente diferentes.
Teresa traballaba como camareira antes da baixa, ao regresar a empresa a trasladou á cociña, dentro da legalidade, pero incrementoulle considerablemente a súa carga de traballo. Finalmente, 5 meses despois, foi despedida por baixo rendemento.
Dende a Cig consideran que este despido é unha represalia para tapar a situación na que se atopan os traballadores da cafetería do hospital, xa que a empresa non está cubrindo as baixas e obriga aos empregados a dobrar esforzos.
A Cig xa puxo a situación en coñecemento do Sergas como da dirección da área sanitaria sen obter ningún resposta. Ante esta situación, o sindicato comezará a actuar en dúas vertentes: a través da asesoría xurídica para reclamar a reincorporación da traballadora e nas rúas con mobilizacións, a primeira terá lugar o luns diante do hospital.