A Pobra non esquece a Rosalía

POBRA> Os actos programados co gallo da celebración do Día de Rosalía na Pobra iniciábanse no Teatro Elma.

Alí desenvolveuse unha xornada festiva con música e lectura de poemas no que participaron alumnos dos diferentes centros educativos do municipio.

A continuación, como é costume, realizouse a tradicional ofrenda cívica en homenaxe á escritora galega máis universal na praza que leva o seu nome.

A chuvia, presente durante toda a mañá, deu unha pequena tregua e permitiu o correcto desenvolvemento do acto. Nel participaron non só unha ampla representación das autoridades locais, senón tamén un bo número de veciños, que coa súa presenza quixeron lembrar a figura de Rosalía.

O alcalde, José Carlos Vidal, foi, esta vez, o encargado de dar lectura ó manifesto en homenaxe á escritora padronesa.

Trala ofrenda tódolos asistentes puideron degustar una taza de ‘Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirada nun poema da propia autora elaborado polo restaurante ‘A Curotiña’

Pero ademais dos actos celebrados hoxe, o Concello desenvolverá tamén ó longo destas semanas outro tipo de actividades para conmemorar esta efeméride como o concurso de ‘As sete rosalías’ en colaboración cos centros educativos e co comercio local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí