VILAGARCÍA > O departamento de Teresa Táboas tomou a decisión ó existir xa demanda para a ocupación de 80.000 metros cadrados.
A Consellería de Vivenda e Solo xa recibiu solicitudes de empresas interesadas en ubicarse no Pousadoiro que precisarían 80.000 metros cadrados de solo. Ante esta demanda, Vivenda asume o compromiso de levar a cabo a ampliación do parque industrial, anque concretará a superficie en dous meses, cando remate o estudo de viabilidade.
Á hora de adxudicar as parcelas da nova superficie, a Consellería dará prioridade ás empresas da zona que na actualidade están mal ubicadas e precisan trasladarse ou amplia-las súas instalacións. Ademais deberán construír no prazo máximo de tres anos, pedi-la licencia antes dun e adica-la nave á finalidade prevista ou perderán a parcela. Deste xeito a Xunta garante a ocupación do polígono e evita a especulación do solo.
Redacción Salnés