Condes de Albarei agarda recibir máis de tres millóns de quilos de uva de ‘gran calidade’

    CAMBADOS> As adegas do Salnés teñen grandes esperanzas postas na vendima deste ano. Hoxe, dende Condes de Albarei destacaban a alta calidade da uva que están a recibir. Tamén a cantidade: só esta cooperativa agarda colleitar máis de 3 millóns de quilos dos preto de 31 millóns que se calcula para toda a Denominación de Orixe Rías Baixas. As boas previsións meteorolóxicas teñen moito que ver, e animan a seguir coa vendima neste último treito.

    Cantidade e calidade volven ir da man na vendima deste ano. Na cooperativa cambadesa Condes de Albarei calculan que recibirán máis de 3 millóns de kg de uva que, ademais, entra na adega en perfecto estado sanitario.

    As boas previsións meteorolóxicas animan a seguir coa vendima neste último treito. Incluso a prolongala e adegas como Condes de Albarei plantexan aproveitar as condicións favorables para atreverse con novas elaboracións.

    Esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra comprobou sobre o terreo o avance da vendima da cooperativa cambadesa e destacou a súa importancia no sector.

    Cores Tourís recordou que nos últimos anos Condes de Albarei recibiu axudas por unha cantidade próxima ao millón de euros, por acollerse a diferentes plans e liñas de subvencións. Un apoio que o delegado da Xunta confía en manter.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/25/vendima_condes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/25/vendima_condes.mp4{/flowplayer}