A primitiva sorrí cun millón seiscentos mil euros a ‘un veciño meco’

O GROVE> A fortuna volve achegarse ao concello do Grove. Un boleto da primitiva selado na administración número 1 é premiado cun premio dun millón seiscentos mil euros. O loteiro da Centola de Ouro e os veciños sospeitan que o agraciado é un veciño Meco.

O concello do Grove volve estar de sorteo nos sorteo de lotería do Estado. E de novo a administración que selou o boleto é a número 1, a Centola de Ouro. Un establecemento que xa sabe o que é repartir grandes premios. Desta vez, o premiado obtivo o primeiro premio da primitiva valorado nun millón seiscentos mil euros.

Tanto o loteiro como os veciños sospeitan de que o agraciado é un veciño do Grove.

Dende a administración mostran a súa ledicia por poder repartir sorte aos seus clientes.

Estes premios favorecen a que máis clientes se acheguen a selar os seus boletos.

E por se lles toca, a veciñanza xa ten pensando en que gastaría os cartos.

A centola de Ouro non é a primeira vez que reparte grandes premios, de feito, nos últimos sorteos de nadal, o establecemento foi agraciado cun terceiro premio neste 2021 e co gordo no 2020. O loteiro agarda seguir repartido premios e desexa que sexan o máis repartidos posibles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí