O ocio nocturno reabrirá as súas portas con ganas e precaución

VILAGARCIA> A xunta de Galicia permitirá a apertura do ocio nocturno a partir do vindeiro un de xullo. Os locais só poderán abrir ata as 3 da mañá e deberán cumprir uns requisitos como no resto de establecementos hostaleiros. Dende o sector celebran esta decisión.

Despois de un ano pechados, o ocio nocturno poderá recuperar a súa actividade. A boa evolución da pandemia e as probas piloto levan á xunta de Galicia a flexibilizar as restricións do sector. Os pubs e discotecas poderán reabrir as súas.

Dende o sector acollen a noticia con ledicia e con precaución.

Os locais poderán abrir ata as 3 da mañá e deberán cumprir co resto de medidas do sector hostaleiro como a obrigatoriedade da máscara, limitación de ocupación no interior e identificación dos clientes.

Dende o sector agardan que a reapertura sexa definitiva e se lles deixe de criminalizar.  Advirten que os seus locais son máis seguros que as reunións nas vivendas privadas. Tamén piden colaboración aos clientes.

Os hostaleiros tamén indican que coas medidas tomadas polos concellos, a incidencia da pandemia no Salnés é moi baixa, por iso desexan que se amplíen os horarios nas vindeiras datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí