A xunta e o concello de Sanxenxo melloran o equipo de excarceración do servizo de bombeiros

SANXENXO> A xunta de Galicia colaborou co concello de Sanxenxo para mellorar o equipamento do servizo de bombeiros. A última aportación do ente autonómico consiste nun novo material de excarcerado. Ambas administracións poñen a vista xa na posibilidade de construír unhas novas instalacións no polígono industrial de Nantes.

Coas eleccións autonómicas á vista, en plena precampaña electoral. O vicepresidente da Xunta de Galicia visitou ás instalacións do corpo de bombeiros de Sanxenxo. Alfonso Rueda comprobou de primeira man o novo equipo de excarcerado do servizo de emerxencias.

Os novos materias son máis lixeiros e máis fortes cos anteriores. O que permitirá aos bombeiros actuar con máis rapidez e eficacia. Alfonso Rueda aposta por seguir mellorando os servizos de emerxencia.

O alcalde de Sanxenxo destacou o importante que é para a comarca mellorar o equipamento do servizo de bombeiros.

Dende Sanxenxo aseguran que traballarán para intentar trasladar ao equipo de bombeiros a unhas novas instalacións no polígono industrial de Nantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí