VILAGARCÍA> A Facultade ‘Ágora’ retoma a súa actividade tralo parón do verán. A iniciativa da Deputación de Pontevedra trouxo hoxe ata Vilagarcía un dos seus obradoiros para formar sobre como recuperar o espazo público e fomentar as mobilidades activas. O propio modelo urbano que está a implanta-la cidade tomouse como exemplo a seguir, coa conquista que está a facer do espazo público para as persoas por riba do vehículos.
A praza da Peixería foi o escenario escollido pola Facultade Ágora para traer un dos seus obradoiros a Vilagarcía. No encontro déronse cita un abano interdisciplinar de profesionais cun nexo común: o seu traballo a prol da recuperación do espazo público para as persoas. A xornada abriuna o alcalde vilagarcián, que aproveitou para felicitar á Deputación pola inicaitiva da Facultade Ágora. Alberto Varela reivindicou o traballo feito no municipio e o que aínda queda por facer.
Pola súa banda, o deputado provincial Uxío Benítez defendou a necesidade de concivi-lo espazo público, contando con tódolos cidadáns. Explicou os obradoiros Ágora busca tirar conclusións do debatido no curso pasado. Sobre o caso vilagarcián, entende Benítez que a cidade está seguindo o modelo Ágora. Cre que xa se pode considerar un referente en políticas de recuperación do espazo público.
O Obradoiro Ágora reuniu no mesmo espazo a persoal técnico e político. Un foro no que o concello de Vilagarcía tivo a oportunidade de amosar algunhas das accións impulsadas nos últimos anos, con transformacións urbanas a prol do tránsito de peóns e bicicletas e o fomento do transporte público.
Nesta ocasión, a convidada como observadora externa da Facultade Ágora foi a arquitecta e xestora de mobilidade Rocío Plasencia.