Malestar en Cambados polo peche da oficina de Abanca en Corvillón

CAMBADOS> Cambados en contra do peche da oficina de Abanca en Corvillón. Dende o concello creen que trasladar aos clientes á sede do centro do municipio causará maiores problemas e diminuirá os servizos. As diferentes formacións políticas cambadesas presentarán mocións contrarias a este peche.

Coñécete, asesórate e está sempre ao te carón, ata o 22 de setembro. Porque ese día a oficina de Abanca en Corvillón pechará as súas portas deixando sen servicio a esta parroquia despois de 20 anos. O concello mostra o seu malestar por esta decisión da entidade bancaria.

Esta medida a quen máis afectará é as persoas maiores, obrigándoas a desprazarse para facer as súas xestión cando máis o necesitan.

O concello mantivo unha reunión cos responsables de Abanca para coñecer os motivos do peche. Dende Abanca tamén comunicaron ao concello que non despedirán aos traballadores da oficina de Corvillón.

A pesar das explicacións as formacións de Cambados presentarán diferentes mocións en contra do peche da sucursal. A situación de Corvillón leva tempo repetíndose en numerosos concellos. Nesta ocasión, ao igual que en Cambados, Abanca tamén pechará a única oficina bancaria de Portas. A corporación municipal celebrará un pleno para valorar accións a tomar.