Meis e Ribadumia, sen casos activos de coronavirus

RIBADUMIA/MEIS> Hoxe é o cuarto día no que O Grove se mantén sen casos activos de coronavirus. Unha situación que comparten os municipios de Meis e, dende onte, Ribadumia. A baixada está a ser xeralizada en toda a comarca, pero os tres concellos son conscientes de que se trata dunha situación coxuntural. Por iso, a pesares das boas novas, piden responsabilidade e precaución aos seus veciños.

Cos casos activos de covid19 en descenso en toda a comarca, hai tres concellos que destacan pola súa boa situación. Un deles é O Grove, o primeiro en chegar á ansiada cifra de cero positivos no seu municipio. Dende onte, Ribadumia forma parte deste, polo de momento, selecto grupo.

O terceiro municipio é o de Meis. Nos peores momentos da terceira vaga da pandemia roldáronse o medio cento de casos activos. Por iso a situación actual é unha excelente nova.

Foron momentos duros, pero Giráldez confía no aprendido. Por iso ve con bos ollos que se dean pasos cara a desescalada. Tamén na hostalería.

Dende Meis e dende Ribadumia lanzan tamén unha mensaxe aos seus veciños, pedíndolles precaución e responsabilidade para non dar marcha atrás.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí