![]()
VILAGARCÍA> Unha muller de Vilagarcía foi atropelada a pasada noite por un condutor ebrio cando cruzaba nun paso de cebra.
{flowplayer}images/salnes/atropelo_190510.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Aínda non eran as 12 da noite cando unha muller de Vilagarcía foi atropelada por un condutor ebrio cando cruzaba nun paso de cebra. A atropelada atópase moi grave na UCI do Hospital Xeral Cíes, de Vigo. No momento do atropelo a muller ía co seu fillo de 11 anos de idade, que resultou ileso.
O suceso produciuse na rúa Juan Carlos I de Vilagarcía, , fronte ao Bar Campos e preto da Casa do Concello. A atropelada, Mercedes R.A., cruzaba polo paso de peóns co seu fillo de once anos, da man, cando Eduardo P. J., de Meis, conducía ebrio unha furgoneta Nissan Vanette.
A Policía Municipal recibiu o aviso ás doce menos cuarto da noite. Despois de ser sometido as probas de alcoholemia, o condutor, de 28 anos, deu resultado positivo. A Policía Nacional instruíu o atestado. Eduardo P. J foi detido por un presunto delito contra a seguridade viaria, e por desobediencia e resistencia á autoridade.
Esta mañá, segundo a Policía Nacional, as dilixencias xa estaban concluídas, o condutor atópase detido e será sometido a un xuízo rápido.
Redacción Salnés










