O derbi entre Cambados e Céltiga acapara a atención da xornada

SALNÉS> Regresa o futbol coa décima xornada ligueira na terceira división. Ó Vilalonga tócalle descanso pero o que sí xogará será o Portonovo que visita ó filial do Pontevedra. A Preferente Sur deixaranos un derbi en Burgáns entre Cambados e Céltiga.

O Portonovo ten a oportunidade o domingo de deixar o derradeiro posto da xeral e cederllo ó Vilalonga, que esta fin de semana non xoga. Para iso debería impoñerse ó Pontevedra B na Xunqueira.

O filial granate é un conxunto ben coñecido por Jacobo Molina, que dirixíu a moitos dos seus xogadores no xuvenil de División de Honra. Nese conxunto tamén actuou Carlos Pacheco, o último reforzo do cadro portonovés, chegado esta semana xunto a Cibrán para cubrir a baixa de Adrián Santos, que estará catro meses no dique seco. Ambos poderían desfrutar dos seus primeiros minutos ante o Pontevedra B, un rival que aúna xuventude e calidade e que fixo un gran arranque de temporada.

Pero sen dúbida o encontro que centrará boa parte das miradas esta fin de semana será o que enfronte en Burgáns a Cambados e Céltiga que se reencontran seis anos despois en partido de liga, por aquel entón tamén o fora na Preferente. Dous conxuntos que chegan en situacións ben diferentes: o Cambados non sabe aínda o que é gañar na casa, leva un punto sumado dos últimos doce en disputa e ocupa postos de descenso. Mentres o Céltiga suma tres triunfos consecutivos e semella lanzado á caza dos equipos de cabeza. Por parte local, Edu e Toño Agra causarán baixa, mentres que Rial, que está sancionado, tampouco poderá contar Edu Vega e Beni, ademais da coñecida baixa de Nacho.

O Arousa visita un dos campos máis complicados da categoría, o José Argiz de Verín. Os ouresáns, descendidos o ano pasado dende Terceira, queren recuperar a categoría nacional este mesmo ano, de ahí o seu inicio arrollador que os coloca a día de hoxe líderes con seis victorias en sete partidos. Os vilagarciáns tentarán dar a sorpresa e seguir sumando puntos de cara a salvación. Lino González contará con tódolos seus efectivos.

Esta xornada enfróntanse os dous equipos que máis empatan da Preferente Sur. Marín e Sanxenxo levan catro igualadas en sete encontros. Os de Calucho, reforzados animicamente trala victoria ante o Choco, tentarán seguir remontando posicións na clasificación.

Mesmo obxectivo que persegue un Ribadumia que respirou tras vencer ó Ourense B. Desta volta terá que recibir na Senra ó sempre complicado Gran Peña, que tras un bo arranque de temporada, desinchouse nas últimas dúas xornadas.

Redacción Salnés