Clases de seguridade viaria para ser bos condutores e peóns

    seguridade_vial_copia100.jpgO GROVE> O Colexio Rosalía de Castro , realizou esta mañá unha xornada de Educación Vial cos alumnos e alumnas de sexto curso. O Alcalde, a Concelleira de Educación e o Concelleiro de Seguridade Vial, participaron na actividade.

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_vial_grove.flv{/flowplayer}

    Rapaces e rapazas de sexto curso de Primaria, do Colexio Rosalía de Castro, tiveron esta mañá a oportunidade de converterse en peóns e en condutores, para facer prácticas de seguridade viaria. Iso si, baixo a atenta mirada e control de axentes da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra. Esta actividade leva realizándose no Grove dende hai anos, con resultados, segundo o Alcalde, moi satisfactorios

     A xornada de educación vial ten dous aspectos diferenciados, un, a seguridade, por suposto e outro aspecto, o educativo, non menos importante…

    Axentes, Monitores e representantes do goberno, coinciden en resaltar a importancia de levar a cabo estas actividades, xa que non só aprenden os cativos, ademais fan que pais e nais, respecten as sinais e lémbranlles continuamente os bos hábitos, sobre todo, conducindo.

    Redacción Salnés