Preocupación en Cambados ante a proliferación de máis pintadas sobre o patrimonio

CAMBADOS> Preocupación en Cambados ante a proliferación de máis pintadas na vila. Agora, a ‘vítima’ foi o peiraio vello de Tragove. O autor, un mozo de 26 anos, foi pillado na allada pola Policía Local, logo dunha chamada dun veciño. Este novo acto vandálico sucede semanas despois do ataque ao Muíño da Seca, que está catalogado como Ben de Interese Cultural.

Desta volta, a ‘vítima’ é o vello peirao de Tragove. Este é o último de varios ataques contra o patrimonio de Cambados, rexistrados nas últimas semanas. O seu autor foi pillado in fraganti pola Policía Local grazas a unha chamada. Trátase dun mozo de 26 anos, que é veciño da localidade. Dende o Concello fan un chamamento a respectar o que é de todos… e ofrecen alternativas a aqueles que teñan inquedanzas artísticas.

Esta pintada foi plasmada sobre un ben centenario, catalogado e cunha protección especial. Con todo, o ataque non foi tan grave como o rexistrado hai unhas semanas no Muíño da Seca, que é un ben de interese cultural de 400 anos de antigüidade. A isto, hai que sumar tamén o asalto nocturno ao pazo de Fefiñáns por parte de dous mozos. Gravaron a fazaña e colgárona en Youtube.

Os mozos, así e todo, indican na gravación que non ían facer nada malo. No vídeo quéixanse de que o pazo só é accesible para turistas cando, ó ser tamén un BIC, debe garantir un mínimo de visitas de balde ao mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí