12 alumnas participan no curso de Dixitalización Documental e Fotogrametría da Mancomunidade do Salnés

SALNES> A mancomunidade do Salnés organiza unha nova edición do curso de dixitalización documental e fotogrametría. Os traballos neste volta están máis centrados nos concellos do interior da comarca. Ten unha duración de 50 horas e as participantes son 12 mulleres do plan integrado de emprego do ente comarcal.

As novas tecnoloxías continúan estando moi presentes nos cursos do plan integrado de emprego da mancomunidade do Salnés. O ente comarcal organiza unha nova edición do taller de Dixitalización Documental e Fotogrametría. As participantes nesta ocasión son 12 alumnas.

Os traballos de fotogrametría permiten obter unha imaxe en tres dimensións de diferentes edificios e esculturas. A dixitalización documental está destinada a recuperar documentos antigos.

Os curso da mancomunidade do Salnés están enfocados en tres liñas: a formación en profesións tradicionais con ampla demanda na comarca, a colaboración coas empresas para adecuarse as súas necesidades e os talleres enfocados á innovación.

O curso ten unha duración de 50 horas. Nesta edición os traballos están más centrados no concello do interior como Meis, Meaño e Ribadumia. Pero o obxectivo é recompilar toda a información documental e patrimonial de toda a comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí