Vilanova non coñecía a proposta para a ampliación do Hospital do Salnés

    DURAN_HOSPITAL copia100.jpgSALNÉS> Gonzalo Durán asegurou que, de facerse oficial, a Xunta contará co apoio do concello para realizar as xestións.

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_DURAN_POR_HOSPITAL.flv{/flowplayer}

    Sorprendido e sen ningunha comunicación oficial por parte das institucións implicadas. Así asegurou estar o alcalde da vila, Gonzalo Durán, despois de coñecer pola prensa a proposta que estuda a consellería de Sanidade para a ampliación do Hospital do Salnés. O voceiro do Partido Popular de Vilagarcía, Tomás Fole, anunciou onte esta posibilidade, que pasaría por ocupar terreos incluídos nos límites do concello de Vilanova.

    Segundo o alcalde, os terreos son propiedade dunha familia da vila, sen embargo dende 1997 ó redor de 30 mil metros cadrados deles están calificados como para uso sanitario. Unha situación que facilitaría as xestións.

    Por outra banda, Durán quixo expresar súa conformidade coa idea presentada para a ampliación dos servizos, que considera necesaria.

    O alcalde vilanovés tamén asegurou que no momento da construción do Hospital do Salnés, o seu concello ofrecera un amplo terreo para ubicalo. Unha proposta que, segundo Durán, fora rexeita polo rexerdor vilagarcián do momento, Javier Gago.

    Redacción Salnés